CENA DE FIN DE CURSO DE INFORMÁTICA - 2010-DE OLEIROS
martes, 11 de mayo de 2010
domingo, 18 de abril de 2010
EMPRESAS DA PARROQUIA DE OLEIROS
- CARPINTERIA VICAL, S.L esta carpinteria, ubicada no barrio de Carracedo, nº 20, Tlf. Fax 982 527 107.
- PANADERÍA - MOLINOS - OLEIROS, unha panaderia e muiño, tamén no barrio de Carracedonº 16 - Tlf. 982 510 651.
- PATACAS - ABONOS -CEREALES, BENIGNO LOZANO PAREDES, un almacén de patacas, abonos e piensos, no barrio da Granda nº 6- Tlf. 982 520 080.
- QUEIXERIA CAS LEIRAS, unha queixería de queixo de San Simón, no barrio de Cabanas.
- OS ARSENIOS, SERVICIOS AGRICOLAS E FORESTALES, no barrio da Casanova, Tlf. 982 527 681.
- CONSTRUCCIONES - FERNANDO INSUA, no barrio dos Foxos
- JESÚS PAREDES BASANTA, DISTRIBUIDOR DE PIENSOS BIONA E VENTA DE COCHOS, en Carracedo, Tlf. 982 511 077.
- CONSTRUCCIONES - BLANCO Y LOZANO, no barrio da Agadín, Tlf. 982 527 647
miércoles, 31 de marzo de 2010
COMO VE UNHA MOZA DE OLEIROS, ÉSTA PARROQUIA

SUSANA LOZANO LAMAS, ESTUDIANTE DE EMPRESARIALES
OLEIROS
Unha aldea do concello de Vilalba que é límite co concello de Cospeito, con mais de 300 habitantes, todos eles repartidos en varios barrios, entre o que está a capital Oleiriensa de Carracedo.
Na nosa parroquia atopamos moitas cousas de intere, tanto no eido sociocultural como no económico, xa que a pesar de ser unha aldea dependente de un concello, ésta ten gran importancia, non só para todos nos, os seus habitantes, senon que aporta multitude de bens e servizos.
Comenzando pola capital, Carracedo, encontramos a casa do concello, o centro sociocultural de San Mamede de Oleiros, a escola, o centro relixioso de gran valor histórico coa sua respectiva casa consistorial e importantes industrias tradicionais que fixeron que a capital tome gran sona, como é un dos poucos muiños que quedan nesta zona, a panaderia, unha carpinteria, un distribuidor de pensos, as granxas porcins e como non podia ser, numerosas industrias modernas de extracción leiteira.
Coas novas reestructuracións territoriais, formouse un recente polígono industrial de Cabanas, un barrio das aforas da parroquia, con boas comunicacións e preto da capital. Este poligono está a medrar coas industrias mais tradicionais da terra Chá, como son o Queixo de San Simón e os Capons de Vilalba, dous productos con Denominación de orixe e dan sona a este novo centro de actividade económica de grande importancia nesta época de crise que estamos atravesando.
Nos outros barrios tamén existen algunhas actividades económicas importantes como poden ser as distintas constructoras de gran importancia que teñen o seu domicilio fiscal en lugares do noso pobo, o único bar que queda situado nas aforas da parroquia, ou as explotacións vacuns de Ternera Gallega. Non nos podemos olvidar, de Radio Popular de Oleiros que ten sede en cada un dos seus barrios para facilitar a todos os habitantes a mellor actualidade da zona.
No aspecto cultural, está a Iglesia de San Mamede de Oleiros, a Capela do Socorro, algúns cruceiros repartidos pola nosa xeografia onde cabe destacar o das Fraguetas, un muiño a beira do río Mouro ou da Escadabada e un castro que dá nome a un dos barrios.
Unha aldea na que podes atopar de todo, polo que temos que disfrutar do que temos e conservalo como se fora un gran tesouro, porque o temos e non o podemos perder.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
